Chegastes
De súpeto
Aí á cima do guindastre
Chegastes
Elegantes e caladas
Ollando como nós
Brincabamos aquí no patio
Chegastes vós
E fixestes
Marcas de cruces
Encrucilladas moitas
No ceu azul inverno
Ou é que tentabades
Imitar as nosas viravoltas?
Chegastes
Trouxestes
Unha cría posíbel
De primavera
Aniñaredes?
Estaredes só de paso?
Que faredes?
Benvidas, cegoñas
Xa non vos
Esqueceremos!
6º PRIMARIA– 2014

Ningún comentario:
Publicar un comentario