Refraneiro de Febreiro
"Cando a Candeloria chora, metá
do inverno vai fóra".
"Día de S. Brais, hora e media máis e o que ben lle contou,
dúas horas lle encontrou"..
"En febreiro corre a auga por calquera regueiro"
"En febreiro corre a auga por calquera regueiro"
“A chuvia en
febreiro fai o palleiro”.
"Ten o
inverno por pasado se ves a febreiro empapado".
"Febreiro,
xeada na leira e cachopo na lareira".
"Febreiro
tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro".
"Mal
ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro".
"En
febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro".
"A
castaña e o besugo en febreiro están en zugo".
"En
febreiro sete lobos ao carreiro"
"Xaneiro
xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil".
"En
febreiro garda a leña no leñeiro"
"En
febreiro sae o oso do oseiro"
"Febreiro
currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro"
"Febreiro,
xiada na leira, e cachopo na lareira".
“Se non
chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro”.
“O dous de
febreiro súbete ó outeiro; se ves negrexar ponte a cantar; se ves branquexar
bótate a chorar”
“Se febreiro
non febreirea, marzo non marcea.”
“Cando chove
en febreiro todo ano é temporeiro”.
“Come máis
pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino”.
“En
febreiro, por cada rego un caneiro”.
“Febreiro
camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro”
“Febreiro
corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato
no seu burato”.
“En febreiro
saca o boi do teu centeo”
"Febreiriño
a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar"
"Neve
febreiriña, tarde ven logo camiña"
"Febreiro
lardeiro..."
"Febreiro
mollado Maio soleado"
"En
febreiro limpan o cu no palleiro"
"En
Febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro"
En febreiro
sete lobos ao carreiro.
-Febreiro,
felerpeiro.
-Cando
febreiro non febreirea, marzo marcea.
-Aproveite
ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.
-En febreiro
mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
-En febreiro
mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
-Febreiriño
corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin
abella no burato.
"Neve
febreiriña pica a galiña"
"A neve febreiriña vaise
axiña"
"Dure a
mala veciña o que a neve febreiriña"
"Pola
Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra".
"Se a Candeloria
chora, metá do inverno vai fóra; que chore que deixe de chorar, metá do inverno
está por pasar"
"Pola Candeloria
casan os paxariños e vaise a galiñola"
"A
partir da Candeloria, ningunha ave boa soa"
"Cando
a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora".
"Por
San Brais, dúas horas máis"
-Mira,
Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
-Brais, lávate e comerás, e dispois de ben
lavado non comerás bocado.
-San Brais
da barca que afoga e non mata.
"Ó sol
sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro".
"Mal
ano espero se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro".
"En febreiro un pouco ó sol e outro ó fumeiro".
"En febreiro un pouco ó sol e outro ó fumeiro".
Ningún comentario:
Publicar un comentario