luns, 9 de marzo de 2015

A charanga do Camballón visítanos.

Un grupo de alumn@s do IES Marco do Camballón visítounos nun tractor para ensinarnos a regueifar, aturuxar e cantar cantigas populares.  Ademais explicáronnos  algunhas lendas sobre tesouros   recollidos nesta vila. Moitas gracias!     Foi moi divertido!





xoves, 26 de febreiro de 2015

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa poetisa universal. No CEIP Nosa Señora da Piedade quixemos render homenaxe ó seu traballo con este recitado das nenas e nenos de 5 anos.


Os alumnos de terceiro ciclo elaboraron este mural